Monográfico Moda Outono/inverno

Unha alegoría da natureza

Doce establecementos do CCA O Carballiño, participan na pasarela de moda outono/ inverno 2013/14
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Co obxectivo de dar a coñecer da man dos asociados, dun xeito agradable e divertido, en vivo e en directo os variados estilismos que se levarán durante este inverno, o Centro Comercial Aberto O Carballiño decidía organizar unha pasarela aberta a toda a sociedade. Unha mostra con estilismos tanto de moda infantil, home/muller, festa, xoiería, óptica e calzado, coma de material de oficina, escolar ou mesmo ideas de interiorismo.

O desfile tiña lugar a finais de outubro, pero a programación encetábase a comezos de mes cun casting infantil para escoller aos nenos que desfilarían na mesma, que se levou a cabo na discoteca Maxim’s. Finalmente foron 25 os nenos seleccionados de diferentes idades, dende os 14 meses ata os 12 anos.
Xa o día elexido, a aparición de “Carapuchiña Vermella e o lobo” sobre a pasarela, coa imaxe dun bosque de fondo, e a presentación dos modelos como unha alegoría da natureza (coas súas ninfas cocendo o tradicional polbo, as fogueiras…), daba comezo o desfile 2013 para presentar as tendencias outono/ inverno de doce establecementos asociados.

Pasaban das dez da noite do venres 25 de outubro e o pavillón polideportivo Paco Chao centraba as luces na pasarela para dar paso ao mestre de cerimonias, o pontevedrés Rafa Durán, showman (actor, cómico, animador…) asiduo da TVG como presentador de numerosos programas, entre eles “Máis galego”.

Sempre en clave de humor, Durán foi o encargado de conducir a gala, coordinada pola Axencia Luena de Ourense, presentando cada un dos establecementos participantes que amosaron os mellores estilismos para este inverno.

Coma en tódolos desfiles comerciais, os nenos serían os primeiros en tomar a pasarela, con prendas de dúas tendas de moda infantil. Píkaros Kids sería a primeira, con oito looks para nenos e nenas ata 16 anos. Entre bítores e aplausos, subiría a segunda tandada de nenos para promocionar as coloridas e modernas prendas de Dulcinea.

Texto: Mónica G. Bellver/Ourense Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información e reportaxes na edición en papel do Especial Moda Outono/Inverno de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button