CulturaEducaciónÚltima hora

Unha alumna do IES Cosme López da Rúa consegue unha beca Amancio Ortega

Andrea Gil é unha das 80 seleccionadas en Galicia para estudar en EE.UU. no vindeiro curso
Andrea Gil Vázquez.
Andrea Gil Vázquez.

Andrea Gil Vázquez, alumna de 4º de ESO do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, vén de coseguir unha das 80 becas que a Fundación Amancio Ortega concedeu para o vindeiro curso, e que lle permitirá estudar nun centro de Estados Unidos durante un ano.

Así o facían público dende o instituto rues, explicando que “para optar a estas axudas é necesario ter unha calificación superior a 8 en inglés, e a 7 nas demais asignaturas en 3º de ESO, ademais de superar unha dura proba de selección consistente en exercicios escritos e orais en lingua inglesa e unha esixente entrevista en inglés a través de videoconferencica”.

O programa convoca 500 becas, 80 delas en Galicia, cuxas probas se celebraron en Santiago para 903 aspirantes.

Tal como explican dende o centro, os alumnos seleccionados convivirán durante o curso 2016/2017 cunha familia de acollida, e cursarán Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato), co 100% do custe do curso cuberto.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button