ConcellosÚltima hora

Unha fiestra virtual á memoria vianesa

O investigador social Carlos X. Ares comparte, a través dunha páxina de facebook detalles, curiosidades e datos da historia e da cultura vianesa

 

Imaxes antigas, restos arqueolóxicos, documentos históricos, reportaxes de revistas como “Vida gallega” ou de diversos xornais, entre eles o Periódico O Sil… O investigador social vianés Carlos X. Ares parte de diferentes fontes documentais e visuais para achegar, a través de facebook, dun xeito ameno e interactivo, pero tamén rigoroso, a historia de Viana do Bolo e tamén de zonas próximas, o seu patrimonio así como os seus costumes e tradicións.

Para comprobalo tan só hai que entrar buscar en facebook Viana do Bolo: historia, arte, cultura e tradicións https://www.facebook.com/groups/1990233657914781/ e prepararse para descubrir multitude de datos de interese e curiosidades. Trátase dunha nova aposta deste vianés por recuperar e compartir a memoria do seu pobo, desta volta, a través das redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button