CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotos

Unha misioneira polaca achega aos alumnos do colexio Pablo VI a súa experiencia en Sudáfrica

Na mañá do 9 de novembro, os alumnos do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa recibían unha visita moi especial: a dunha misioneira polaca, que dende hai catro anos desenvolve o seu labor en Sudáfrica, na rexión máis pobre do país e tamén co maior número de persoas afectadas polo Sida. “Sudáfrica e tamén o país con máis afectados, con máis de 7 millóns”, puntualiza Cristina.

Para dar testimonio da súa vida no país africano e do seu labor na comunidade de San Juan Bautista, a través da Diócese de Astorga, está estos días en España. “Onte estivemos co bispo e o delegado das misións e teremos encontros coas personas que viven no centro pastoral de Villardeciervos (Zamora) onde vivín durante seis anos e que eu coñezo, irei ás parroquias para dar testimonio do noso labor; o domingo vou a Mérida para falar sobre a misión; o mércores a Madrid para manter un encontro con membros da comunidade; e o venres marcho outra vez para Sudáfrica”, explica a misioneira.

E entre medias compartía experiencias cos alumnos do centro educativo rues. Primeiro cos máis pequenos do colexio cos que pasou un rato moi divertido porque “os nenos son máis abertos, non teñen dificultade para cantar, bailar e abrirse. Fixéronme moitas preguntas porque están moi interesados en saber o que pasa do outro lado do mundo, é todo moi diferente”, dixo. Despois tocoulle o turno aos maiores, os alumnos de Bacharelato, que escoitaron atentos as súas palabras.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button