OurenseÚltima hora

Unha muller de 84 anos é atendida por axentes da Policía Nacional cando estaba a sufrir un ataque en Covadonga

 

Vista da rúa Júpiter, no barrio de Covadonga.

Membros do Corpo Nacional de Policía evitaron que unha muller, de 84 anos e veciña de Ourense, morrese afogada no barrio de Covadonga. Os feitos sucederon cara ás 16:52 horas do 13 de febreiro, cando os axentes da Unidade de Prevención e Reacción, mentres estaban a traballar na zona, observaron como a muller estaba tirada no chan da rúa Júpiter e “sufría fortes convulsións”, informan fontes policiais.

Os policías colocaron á muller en posición lateral de seguridade á señora ao mesmo tempo que lle aplicaron os primeiros auxilios, para evitar que as convulsións non lle provocasen que tragase a lingua.

Mentres os axentes agardaban a que a ambulancia chegase, indican dende a Comisaría, a muller volveu sufrir un novo ataque de convulsións e de novo foi auxiliada pola patrulla “comprobando o pulso e respiración até que os servizos médicos chegaron ao lugar”. Unha vez chegou a ambulancia, os profesionais sanitarios a estabilizaron e a trasladaron ao CHUO, onde permanece ingresada debido ao seu estado de inconsciencia.

A muller, apuntan fontes policiais, vive sola e polo momento non se puido localizar aos seus familiares.

Artigos relacionados

Back to top button