EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unha nova adega soberina preséntase no Centro do Viño da Ribeira Sacra

O acto terá lugar o día 10 de abril en Monforte de Lemos
Etiqueta do viño desta nova adega de Sober.
Etiqueta do viño desta nova adega de Sober.

Entre Amandi, onde están os seus viñedos, e Rosende, onde ten as súas instalacións, se desprega a actividade de Malcavada, unha nova adega que vén de poñerse en marcha no municipio de Sober, na Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O seu viño, que sae ao mercado co mesmo nome da adega, darase a coñecer nun acto previsto para o día 10 de abril ás 20h. na viñoteca do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.

A presentación estará en mans de Sonia Seijas que estará acompañada do enólogo Luis Buitrón e do sumiller Bruno Lovelle. Malcavada, o primeiro viño desta adega, é un mencía do que se porá á venda unha edición limitada de 2.200 botellas que sairán numeradas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button