ConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta atropelada en Trives

Unha muller era atropelada na mañá do 20 de novembro no centro de Trives. Os servizos sanitarios de urxencia daban aviso ao 112 Galicia do suceso. A muller resultaba ferida e era trasladada polo 061 de Trives ao Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

Despois de recibir o aviso, ás 10:20 horas de hoxe, “o CIAE solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e informou aos membros do GES de Castro Caldelas e de Protección Civil de Trives”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button