ConcellosÚltima hora

Unha persoa ferida ao ser atropelada en Quiroga

Unha persoa resultaba atropelada a primeira hora da mañá deste venres 15 de decembro na estrada xeral da vila lucense de Quiroga.

Era o propio condutor do vehículo quen pedía asistencia ao 112 Galicia, segundo confirma esta entidade, arredor das oito desta mañá. “A partir dese momento, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración de Urxencias Sanitarias e forzas de seguridade”, segundo o 112 Galicia.

Finalmente, a persoa ferida foi evacuada nunha ambulancia ata o centro médico de referencia.

Artigos relacionados

Back to top button