OurenseÚltima hora

Unha selección dos mellores ‘food trucks’ chegan a Ourense co Street Foud

As caravanas abren as súas portas esta fin de semana na cidade para ofrecer gastronomía sobre rodas e actividades de animación nas rúas
Un momento da presentación do Street Foud, esta semana, no Concello de Ourense.
Un momento da presentación do Street Foud, esta semana, no Concello de Ourense.

Ourense poderá degustar esta fin de semana o mellor da cociña sobre rodas co Street Foud, unha selección dos mellores food trucks que abrirán as súas portas para ofrecer unha variada oferta gastronómica. Ademais, tamén haberá actividade e animación nas rúas que combinará arte, moda e tendencias.

Hamburguesas, xeados artesáns, bocadillos gourmet, ensaladas orixinais, cociña vexetariana ou tapas conformarán a carta. Pero tamén haberá espazo para cata de viños e cervexas especiais, sesións vermú ou cociña en directo. A iniciativa, que foi presentada esta semana no Concello, terá lugar na Praza Bispo Cesáreo.

Artigos relacionados

Back to top button