OurenseÚltima hora

Unha semana para a concienciación ambiental

O Concello de Ourense programa actividades nos parques da cidade para celebrar o Día do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño
As actividades estenderanse até o domingo 5.
As actividades estenderanse até o domingo 5.

O Concello de Ourense presentaba na mañá do 30 de maio o programa para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, que será este vindeiro 5 de xuño. Será toda unha semana de actividades que comezan hoxe na Praza Diego González Blanco (O Vinteún) coa Eco Xincana ‘A liga dos xusticeiros ambientais’. As accións están dirixidas principalmente aos cativos pero están abertas ao público familiar en xeral. Todas as actividades son gratuítas, pero nalgunhas é preciso a inscripción previa.

Deste xeito, o mércores 1 de xuño, de 18 a 20:30h haberá un Obradoiro de ReciclArte ‘Antía e a fada das mil sementes’, no Parque Barbaña. É para todos os públicos e non é preciso incrición previa. Igual será no Parque San Lázaro na xornada do xoves 2 de xuño, no mesmo horario.

O venres día 3, en horario de 18 a 20:30h, levarase a cabo o Obradoiro ‘Aprende a xogar en familia na natureza’, no Parque Anxelita Paradela. É unha actividade gratuíta, ao igual que o resto, pero é necesario apuntarse previamente en info@sustinea.org.

Xa na fin de semana, o sábado haberá unha Xincana de Orientación para familias exploradoras no Parque Barbaña, de 10:30 a 14h. Tamén se require inscrición previa no mesmo enderezo electrónico. Pola tarde, de 16:30 a 19h, no Botánico de Montealegre, haberá taller de fotografía na natureza.

E o domingo será o propio Día do Medio Ambiente. De 9 a 13:30h celebrarase a I Xornada de voluntariado ambiental polo río Miño, con saída do Pavillón dos Remedios. A Xornada está organizada polas concellerías de Voluntariado e de Medio Ambiente en colaboración con Viaqua na que voluntarios recorrerán as beiras do río Mño e limparán a contorna para reducir a contaminación nos ecosistemas fluviais. A inscrición en voluntariado@ourense.es.

De 11:30 a 13:30h, no Parque Botánico de Montealegre levarase a cabo a actividade ‘Explora Montealegre’, con previa inscrición en www.botanicodemontealegre.com.

Pola tarde, as actividades continúan a partires das 17:30h. Até as 18:30h o Auditorio acolle a obra de teatro ‘O Conto máxico’, da compañía Blanca Marsillach. Será con entrada de balde até completar aforo. E de 18 a 20h, unha nova edición de ‘Explora Montealegre’, no Botánico de Montealegre.

Artigos relacionados

Back to top button