CulturaCulturaÚltima hora

Unha viaxe a través da historia en Castro Caldelas

O 7 de marzo terá lugar a presentación dun espectáculo de época polo casco vello que rematará no castelo

O vindeiro sábado día 7 de marzo terán lugar en Castro Caldelas dúas actividades de carácter cultural e turístico. Por unha banda a presentación do espectáculo “Castro, cal delas?”, unha viaxe a través da historida desta localidade ourensá; e por outra, a inauguración da nova Oficina de Turismo e Porta de entrada ao castelo-fortaleza o pobo.

Tal como adiantan dende o Concello, este espectáculo “innovador, único en Galicia” comenzará as 12h. na praza do Padro de Castro Caldelas. Continuará con diversas teatralizacións polas rúas do casco histórico, rematando no castelo coa inaguración da nova oficina.

A inauguración formará parte do espectáculo e xa dentro da fortaleza terminarase con exhibicións de cetrería, animais salvaxes, percorrido fotográfico e moitas máis sorpresas.

Finalizado o acto haberá degustación do produto típico do pobo, a bica.

Artigos relacionados

Back to top button