ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 1.200 persoas, na VIII Festa da Vendima de Punxeiro

A ritmo de charanga. Así se poñía en marcha a VIII Festa da Vendima de Punxeiro (Viana do Bolo) que reunía a unhas 1.200 persoas na tarde do 11 de outubro. Tras mercar a súa entrada na praza do pobo, os participantes congregábanse na praza da igrexa, onde como preludio da festa faciáselle unha homenaxe a Farruco, un veciño recentemente falecido, e entregabáselle un agasallo á súa familia, que nesta edición decidía manter aberta a súa adega.

De seguido, soaba a música de tres grupos (Os Bertolini de Manzaneda, Madialeva de Sarria e Os Chisquiños de Punxeiro) e as adegas comezaban a abrir as súas portas de tres en tres. Comezaban a saír multitude de bandexas de diversos pinchos e tamén se servía o viño. De seguido, pechaban estas e abrían outras tres. E así ata completar o percorrido polas case 20 adegas participantes nesta edición da festa.

Rozando a medianoite, a festa trasladábase ata o campo da festa, onde comezaban as actuacións de dúas orquestras: Assia de Asturias e Nebraska.

Esta VIII Feta da Vendima de Punxeiro foi organizada polo Centro de Animación Rural e pola Comisión de Festas de Punxeiro.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Back to top button