ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 260 persoas na II Festa do Botelo da Coruña

O restaurante Mirador do Monte de San Pedro acollía no mediodía do 21 de febreiro a segunda edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña. A cita reunía a unhas 260 persoas, entre as que estaban o alcalde do Barco, Alfredo García, e José Ángel Rodríguez Delgado, pregoeiro da XV festa gastronónica no Barco. Os asistentes desfrutaban dun menú que se exaltaba ao embutido valdeorrés, que se servía acompañado de chourizos, patacas e repolo, pero que tamén incluía empanada de maravallas, sopa de cocido e, xa de sobremesa, bica.

Os pratos acompáñorense de viños da Denominación de Orixe Valdeorras: os godellos de Godeval e D’Berna, así como do tinto Valdouro. O broche da celebración poñíase con música, tamén con acento valdeorrés, desta volta da man de Os Peteras. Esta celebración foi patrocinada polo Concello do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na edición de marzo en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button