DeportesÚltima hora

Uns 170 atletas participarán este domingo na XI Carreira por Montaña Canón do Sil

A proba, puntuable para a Copa Galega, sairá ás 9 da mañá de Parada de Sil
Participantes na pasada edición da Carreira por Montaña Canón do Sil.

Parada de Sil acollerá este domingo 16 de xullo, a XI edición da Carreira por Montaña Canón do Sil, sobre un percorrido de 33 km e 2.230 m de desnivel positivo, o que da idea da dificultade desta proba, unha das máis atractivas da Copa Galega.

Homologada polo FEDME, nesta carreira participarán os corredores máis destacados que están a disputar o podio da Copa, entre eles os campións Fernando Arca e o ourensán Elpidio Gómez, ourensán “figuras moi destacadas nas probas que se celebran en toda España”, aseguran dende o Concello de Parada de Sil.

Nesta edición, os inscritos alcanzan a cifra de 170 corredores, dos cales 24 son mulleres. Na carreira absoluta o máis veterano ten 62 anos e a máis veterana 51. Na saída prevista para as 9 da mañá, tamén estarán os participantes na oitaba edición da Media Carreira sobre un percorrido de 17 km.

A proba está organizada polo Clube de Montaña Ribeira Sacra e contará coa colaboración desinteresada e imprescindible da AA.VV. de Protección Civil de varios concellos.

Artigos relacionados

Back to top button