DeportesÚltima hora

Uns 70 nadadores participarán este domingo na III Travesía a Nado Encoro Os Peares

O evento deportivo, organizada polo CN Escualos comezará ás 10:30h. coa proba infantil
Imaxe do desafío Encoro Os Peares o ano pasado.

Travesía infantil, travesía popular e desafío encoro. Son as tres propostas da III edición da Travesía a Nado Encoro Os Peares, organizada polo Club Natación Escualos para este domingo 25 de xuño. Unha proba que conta cuns 70 nadadores inscritos, repartidos entre as tres modalidades.

A primeira carreira, prevista para as 10:30h será a travesía infantil, con 18 nadadores inscritos de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, que deberán cubrir un traxecto duns 250 metros. Os dous ganadores absolutos (masculino e feminino) recibirán un vale de 30 euros para roupa deportiva en Intersport Bouso.

Ás 11:30h. tocaralle o turno aos nadadores da travesía popular 1 Km. O percorrido desta proba é de 1.000 metros e hai un total de 25 nadadores inscritos. Os gañadores absolutos recibirán un menú degustación no Restaurante Asador A Feira.

E por último, en torno ás 12:30h. será o momento do desafío encoro 3 Km. É a travesía máis longa (3.000 metros), cun total de 26 nadadores inscritos. Os gañaadores absolutos recibirán como premio a estancia dunha noite na Casa Rural Restaurante Acea do Bubal en Os Peares.

Ademais, todos os nadadores recibirán por participar, unha camiseta, un gorro e unha mochila con alimentos e haberá trofeos realizados por un obradoiro de artesanía de Os Peares para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Ao rematar a última carreira, haberá unha pinchada para todos os participantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button