EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O V Concurso de Decoración Navideña “Nadal nas rúas” engalana O Barco

Un total de once rúas barquenses participan na quinta edición do Concurso de Decoración Navideña “Nadal nas rúas”, que convocan a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), O Barco Centro Comercial Aberto e o Concello. “Con esta iniciativa preténdese implicar a comerciantes e veciños na decoración das rúas e tratar de mellor o ambiente navideño”, tal e como destacaba na presentación da campaña de Nadal Pamén Cruz, representante do sector Comercio de AEVA.

Neste días xa comezan a verse as rúas decoradas, que lucirán de xeito especial durante a noite, coa iluminación. As rúas participantes nesta edición son: rúa España, avenida Conde Fenosa (dende a esquina con Eulogio Fernández ata a esquina con Castelao), Marcelino Súarez e Manuel Quiroga, praza José Otero, Eulogio Fernández-tramo dende Santa Rita a Xirimil, rúa das Covas, avenida da Estación, do Malecón ata a rúa da Estación e Conde Fenosa, Eulogio Fernández e Conde Fenosa (do nº8 ao 46).

Fotos: A.R./ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button