EconomíaEconomíaÚltima hora

Final do V Concurso de Receitas con Castaña de Galicia

Terá lugar o 28 de abril ás 19 horas na Aula de Cociña Porto-Muiños en Cambre (A Coruña)
Destalle do cartaz deste certame organizado pola IXP Castaña de Galicia.
Destalle do cartaz deste certame organizado pola IXP Castaña de Galicia.

O xurado do Concurso de Receitas con Castaña de Galicia terá nas súas mans a difícil decisión de escoller a “Mellor receita de castañas” tanto doce como salgada nesta quinta edición do certame. A final terá lugar o vindeiro 28 de abril ás 19 horas na Aula de Cociña Porto-Muiños en Cambre (A Coruña).

As receitas finalistas nesta edición son na categoría de salgado: “Outono na castiñeira” de Carlos Javier González Sánchez e “Falso botillo de castañas” de Juan Lázaro Araújo. Xa nas receitas doces figuran como finalistas “Tarta de castañas” de Juan Carlos Alonso Cortés e “Pannacotta de castañas” de Margarita Iglesias Nuñez.

Ademais o concurso inclúe unha categoría para a mellor receita feita por estudantes de hostalaría. Desta volta as finalistas son “Dado de foie-grass con castaña glasse e picada de brona” de Borja Mora Alonso e “Bombón ibérico de castaña confitada e mix de queixos galegos” de Alberto Feros Suárez.

Este certame será organizado pola IXP Castaña de Galicia. O acto incluirá tamén un sorteo de lotes de produtos galegos de calidade entre o público asistente, así como unha demostración e degustación de pratos feitos con castaña.

Artigos relacionados

Back to top button