CulturaCulturaÚltima hora

V Festa Medieval en Sobrado de Trives

Esta localidade trivesa rememorará os días 1 e 2 de agosto a anexión do Foral de Sobrado e o seu mosteiro á Coroa de Felipe II
 Jose Antonio e Remedios, encargados de vestir aos xigantes./ Foto: Asociación Cultural Folión de Sobrado.
Jose Antonio e Remedios, encargados de vestir aos xigantes./ Foto: Asociación Cultural Folión de Sobrado.

Dúas figuras de xigantes, recentemente restauradas, incorporáranse aos desfiles da V Festa Medieval de Sobrado (Trives). Serán a novidade desta celebración, prevista para a fin de semana do 1 e 2 de agosto, na que se conmemorará a anexión do Foral de Sobrado e o seu Mosteiro á Coroa de Felipe II. “Estas figuras que datan de principios do século XIX foron restacatadas pola Asociación Cultural Folión de Sobrado e postas novamente en valor. Coñecidas como pantasmas, hoxe están reconvertidas en reis medievais e voltarán a percorrer as rúas do pobo, tras moitos anos de abanondo”, indican dende esta entidade, promotora tamén desta cita medieval.

O programa da V Festa Medieval comenzará o sábado 1 de agosto co apertura dun mercadiño da época que estará instalado na praza, nunha xornada na que as rúas se encherán das cantigas e romances dos trovadores e
xograres.

Cea da pasada edición da Festa Medieval de Sobrado.
Cea da pasada edición da Festa Medieval de Sobrado.

Ademais os veciños elixirán entre ao Rei das festas, cuxo acto de coroación está previsto para a noite do día 1, previamente á cea que os nobres da vila ofrecerán na honra das súas maxestades. Tampoco faltarán, como en edicións anteriores, os xogos, torneos e os concursos populares o domingo día 2. Tamén se ofrecerá un xantar “á antiga usanza”. Ademais o programa pecharase cun dos actos máis esperados, “a inquisición e queima da bruxa”.

Artigos relacionados

Back to top button