Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Valdeorras celebra o Día da Cuestación da Asociación Española Contra o Cancro

Voluntarias da AECC recadaron cartos na Rúa, O Barco e Ourense para seguir loitando contra esta enfermidade

Segundo os datos da Asociación Española Contra o cancro (AECC), máis de 1,5 millóns de persoas en España están afectadas por esta terrible enfermidade. “Cada ano diagnostícanse ao redor de 200.000 novos casos e un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres padecerán cancro ao longo da súa vida”, aseguran.

Con este panorama, o traballo que desenvolven ten máis sentido que nunca e por este motivo hoxe, 22 de xuño, a AECC saía á rúa a recadar fondos para “seguir traballando no que vén facendo na provincia de Ourense desde hai 25 anos: loitar contra o cancro”.

Na cidade de Ourense facíano con mesas de cuestación repartidas en diferentes puntos (Covadonga, Delegación de defensa, Puente, CHUO, Juan XXIII, Paseo, A Follateira,…); na Rúa, diante de Confecciones Mondelo (rúa Progreso); e no Barco de Valdeorras na praza do Concello.

As voluntarias da AECC de Valdeorras entregaban unha flor de iris (símbolo de esperanza) a cambio dos donativos que permitirán á asociación continuar financiando proxectos en investigación oncolóxica, seguir realizando programas de apoio e acompañamento á persoa enferma e á súa familia e incidir en campañas de prevención e detección precoz da enfermidade.

Fotos: Mónica G. Bellver e Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button