Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Valdeorras concéntrase contra o peche de camas no verán no HCV

A entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, convertíase no mediodía do 14 de xuño en escenario dunha nova concentración en defensa da sanidade pública. Desta volta o obxectivo desta mobilización, convocada pola Xunta de Persoal do centro hospitalario barquense, era amosar o rexeitamento ao peche de camas que se vai producir nos meses de xullo e agosto no hospital.

“16 camas pechadas todo o verán” era a mensaxe que podía lerse en letras grandes na pancarta que portaban durante a concentración membros da Xunta de Persoal do HCV. Esta medida tradúcese en “menos actividade cirúrxica e menos capacidade de ingreso”, segundo os convocantes do acto, que tamén destacaron que durante o verán se incrementa a poboación da comarca.

Artigos relacionados

Back to top button