Valdeorras, escenario da curtametraxe “Renacimiento”

O polígono industrial do Barco, Córgomo ou o río Sil son algúns dos exteriores escollidos polo colectivo Dupla Takes para este traballo que vén de estrearse
Unha das esceas coas que comeza a curtamatraxe "Renacimiento"./ Foto: Dupla Takes.

Unha das esceas coas que comeza a curtamatraxe “Renacimiento”./ Foto: Dupla Takes.

Coa imaxe do protagonista correndo ao mencer polo parque empresarial da Raña (O Barco) arranca a curtametraxe “Renacimiento”. É o último traballo que vén de presentar o xove coletivo Dupla Takes, que escollía Valdeorras para rodar a meirande parte dos exteriores deste relato de tono tráxico. O motivo, a propia temática da historia, que pedía unhas localizacións con esas características, pero tamén a vinculación de Hugo López (un dos tres membros deste colectivo, xunto con Daniel Sanz e Álvaro Sarro) con esta comarca, onde reside a sú familia.

“Necesitamos unha zona como Valdeorras para rodalo e Hugo coñecía esta comarca e iso facilitounos moito as cousas á hora de buscar e elixir as localizacións. Ademais tiñamos a posibilidade da loxística, de levar alí aos actores”, comenta Daniel Sanz. Deste xeito, no decurso das esceas desta curta poden recoñecerse facilmente entornos como os do río Sil ou Córgomo (Vilamartín).

A pre-estrea desta peza, que pode verse xa en internet no enderezo https://www.youtube.com/watch?v=YLoQhJ8b8_8, tiña lugar a finais de maio en Madrid, onde se rodaban os interiores. Agora este traballo audiovidual, de preto de vinte minutos de duración, estase a mover por festivais. Trátase da quinta curtametraxe de Dupla Takes.

Outro dos fotogramas do inicio de "Renacimiento"./ Foto: Dupla Takes.

Outro dos fotogramas do inicio de “Renacimiento”./ Foto: Dupla Takes.

O obxectivo deste colectivo é seguir aprendendo e mellorar, traballo tras traballo, no seu labor creativo. Agora teñen en marcha outra curta e mesmo están a traballar no guión dunha longametraxe.

Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies