CulturaCulturaÚltima hora

Valdeorras no I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Dous representantes do colectivo valdeorrés asisten á xuntanza que se desenvolve en Santiago do 4 ao 6 de xuño
Asistentes ao I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago en Galicia.
Asistentes ao I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago en Galicia.

Representantes de 28 países dos cinco continentes entre os que se encontran expertos, membros de asociacións, estudosos e interesados do fenómeno xacobeo, asisten ao Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, o I evento global deste tipo que se desenvolve no Auditorio Abanca, na rúa Preguntoiro da capital de Galicia, entre o 4 e o 6 de xuño.

O programa, era inaugurado oficialmente na tarde do 4 de xuño a cargo do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e da directora de Turismo, Nava Castro, e contará con cinco sesións nas que relatores de distintas nacionalidades poñerán en común as súas experiencias e coñecementos.

Entre o asistentes ao encontro atópanse dous membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras “Camiño de Inverno”: a presidenta, Asunción Arias e o vogal José De Rúa, encargado da páxina web do colectivo.

Inauguración do Encontro a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Inauguración do Encontro a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Á parte das ponencias e intercambios de experiencias, o congreso conta ademais cun programa de actividades paralelas que afonda no estudo do fenómeno, como son as visitas á exposición “San Francisco e o seu tempo”, no Pazo de Xelmírez, e á mostra “Camiño. A Orixe”, na Cidade da Cultura; ou o percorrido dun tramo do Camiño con parada no antigo cemiterio de peregrinos en San Marcos e chegada á Catedral.

Artigos relacionados

Back to top button