ConcellosÚltima hora

Valdeorras, sen televisión

Nos dous últimos días as pantallas de boa parte dos televisores valdeorreses íanse a negro
Imaxe dunha televisión apagada en Valdeorras.
Imaxe dunha televisión apagada en Valdeorras.

Unha pantalla escura. É o que se ve en diversos lugares da comarca de Valdeorras cando se acende o aparato de televisión, apenas poden localizarse cinco canles. O problema detectábase entre o domingo e o luns 15 de setembro e a causa exacta non se coñece. Así o explicaba o alcalde do Barco, Alfredo García, tras poñerse en contacto cos servizos técnicos no decurso dunha rolda de prensa na mañá do 16 de setembro. “Somos coñecedores do problema e fixemos chamadas sobre este tema, pero o que non temos aínda é unha resposta. Cremos que pode ser polo tema do cambio de frecuencias, pero non o sabemos seguro”, dicía Alfredo García, quen tamén comentaba que hai varios alcaldes da comarca que xa se puxeron en contacto con el por este mesmo tema.

Asemade o rexidor barquense comentaba que, segundo a información que ten o Concello, “parece ser que o problema está naqueles televisores que non son HD. Onte nos que son HD víase a televisión sen problema, pero en todos os demais, que son a inmensa maioría dos que teñen os vecinos, presentan problemas”. Alfredo García tamén lamentou, que no caso de tratarse do tema de frecuencias, non se tivese avisado por adiantado á poboación. “Enterámonos cando acendemos a tele e non se vía. “Neste momento non sabemos nada aínda de cal vai ser a solución e de cándo se vai resolver”, engadía.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button