ConcellosÚltima hora

Valdeorras é unha das zonas máis afectadas pola seca

A CHMS mantén a prealerta por seca aínda que aseguran que non se sufrirán cortes de suministro nas vivendas
Francisco Marín. // Foto: Carlos Asensio.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) mantén a prealerta por seca pola escaseza de auga na conca debido, segundo dixo este venres 21 de xullo o presidente do organismo, Francisco Marín, “pola escaseza de choivas”. Marín quixo salientar de que, a pesar de que as predicións son son boas, “os grandes núcleos de poboación que recollen as augas de encoros non van sufrir cortes de abastecemento”.

Así é todo, de producírense cortes, estes serían no abastecemento “dedicado a regadío e só naquelas vilas e localidades nas que recollen as augas da cabeceira dos ríos e mananciais”, apuntou Marín.

Con todo, o presidente da CHMS fixo un chamamento á responsabilidade: “hai que seguir fomentando o aforro e o uso racional da auga, o que malgastemos agora será o que nos fará falta en outono”. Segundo os datos que achegou na rolda de prense, a conca hidrográfica segue nesa alerta por seca “a pesares de que os 37 litros por metro cadrado que caeron en xuño melloraron a situación dos encoros e augas subterráneas”.

Marín tamén salientou que a zona que as zonas ás que máis lle afecta esta seca son ás do curso alto do río Sil, é dicir, a zona de Valdeorras e o Bierzo, así como o Río Cabe, na provincia de Lugo. Asemade, dixo que no último ano hidrolóxico, que vai do primeiro de novembro ao 30 de setembro) o tramo alto do río Miño, o que transcorre por Lugo, recibiu a metade de aporte hidrolóxico ca media anual, mentres que en Ourense “perdeu máis dun 60%”.

Nembargantes, a pesar de que a situación non é crítica, Francisco Marín alertou de que a CHMS ten que cumprir co convenio de Albufeira, de dotar “de xeito obrigatorio” 3.700 metros cúbicos de auga trimestralmente aos ríos compartidos con Portugal. “Polo momento vaise cumprir, pero, de non facelo, teriamos que ver a alternativa de aportar masas de agua dos encoros”.

Xa no terreo das augas subterráneas. Na zona da Limia atópase a dous metros por debaixo da superficie “cando o nivel habitual é de 1,50 ou 1,40 metros”, apuntou Marín.

Xa coa vista no que poida pasar, as predicións parecen parecen “non seres boas”. Tanto a Axencia Estatal de Meteoroloxía, como a UE e unha axencia de predición estadounidense non auguran un futuro moi bo para as aguas da conca. En concreto, AEMET remarcou un descenso do 65% no vindeiro ano hidrolóxico.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button