CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O valdeorrés Chere segue apostando polos mosaicos no ámbito educativo

Coa inauguración do curso escolar vén de inaugurarse un mosaico coa mensaxe “Mellores persoas para o mundo” elaborado pola comunidade educativa do CPI O Toural de Vilaboa (Pontevedra)
Chere, no centro, no acto inaugural do novo mosaico do CPI O Toural de Vilaboa.

Creatividade, colaboración e valores. Son algúns dos ingredientes a partir dos que xurden cada un dos mosaicos que está a promover nos últimos anos o artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” no ámbito educativo.

Co comezo do curso escolar, vén de inaugurarse o último coordinado por este creador. Trátase do elaborado en colaboración coa comunidade educativa do CPI O Toural de Vilaboa (Pontevedra) e no que, novamente, a cerámica de Sargadelos volve a estar presente. “O mosaico é un novo proxecto do colexio, no que interviu toda a comunidade educativa: alumnos, pais, profesores…”, explica Chere. Nesta obra destaca unha mensaxe “Mellores persoas para o mundo”, sobre un conxunto de brazos coas mans abertas.

O acto inaugural deste mosaico tiña lugar o 18 de setembro e durante o mesmo tiña lugar un concerto da Escola de Música de Vilaboa.

Fotos cedidas por Chere.

 

Imaxe do mosaico.

Artigos relacionados

Back to top button