DeportesÚltima hora

Varias medallas para o CNPO no Trofeo Internacional de Natación de Ferrol

Equipo desprazado a Ferrol de infantís, júnior e absolutos co adestrador Daniel Toro.

Varias medallas e bos resultados de cara á disputa á vindeira fin de semana do título autonómico en división de honra, lograba o Club Natación Pabellón Ourense no Trofeo Internacional Juan Varela celebrado este sábado en Ferrol.

Os protagonistas destacados da xornada foron José Moure que lograba unha prata en 100 costas e vitoria en 200 metros, a mesma proba na que Luz Fernández era terceira. Luz tamén era terceira en 50 e 100 metros, Marcos García colgouse o bronce no hectómetro de crol e Héctor Álvarez foi subcampión en 100 braza.

Artigos relacionados

Back to top button