En portadaÚltima hora

A Veiga contará cun observatorio astronómico no que se investirán máis de 650.000 euros

O Consello da Xunta vén de aprobar na reunión do 5 de outubro o acordo que autoriza a sinatura dun convenio de colaboración para este proxecto entre a Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia, a Deputación e o Concello
Ceo nocturno de Trevinca./ Foto: Óscar Blanco.

 

Fortalecer Galicia como destino turístico Starlight. É o obxectivo do futuro observatorio astronómico que se creará na Veiga e no que se prevé investir máis de 650.000 euros. Así se facía público tras o Consello da Xunta celebrado na mañá do 5 de outubro. Nel aprobábase o proxecto de acordo polo que se autoriza a subscrición dun convenio de colaboracióin entre a Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia, a Deputación de Ourense o Concello da Veiga para esa iniciativa.

Ao abeiro deste acordo, adiantan dende a Xunta, “o futuro observatorio astronómico constará dun edificio con criterios de eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables e estará equipado, ademais, dun planetario de última xeración. Será unha infraestrutura destinada tanto para usos científicos e académicos como para afeccionados e visitantes e tamén terá un espazo para exposicións onde se poderán programar igualmente charlas, xornadas e obradoiros”.

Do total do investimento de 650.000 euros para levar adiante o proxecto, a Xunta achegará algo máis de 400.000 euros.

Trevinca é un dos dous destinos turísticos Starlight cos que conta Galicia, o outro é o das Illas Atlánticas.

 

Artigos relacionados

Back to top button