ConcellosÚltima hora

Veigamuíños honra a Santo Tirso

A localidade barquense celebraba o sábado 31 de xaneiro o día grandes das súas festas

Do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro Veigamuíños vístese de festa na honra de Santo Tirso.  O sábado 31 de xaneiro, os devotos de Santo Tirso tiñan unha cita coa procesión prevista para as 12:30h. seguida pola misa na igrexa parroquial de Veigamuíños, presidida por Agustín Escuredo Merayo, de Ponferrada. Á saída, a sesión vermout estivo amenizada por unha orquestra.

O sábado 31 pola tarde, haberá colchonetas para os nenos instaladas pola comisión de festas, e tamén xogos e chocolate por xentileza das Mulleres Rurais. En torno ás 20h. comezará o baile, amenizado pola orquestra Escaparate.
O domingo 1 de febreiro, derradeiro día de festas, haberá misa solemne ás 13h. seguida pola sesión vermout a cargo da orquestra Alianza, a mesma que amenizará o baile pola tarde. No descanso entregaranse os premios do partido de fútbol entre Matoja e Vellas Glorias de Veigamuíños que se disputará ás 17h., así como o sorteo das rifas para un carro da compra de 150 euros, a canxear no Supermercado Corzo, e unha televisión Grundig de 32 pulgadas.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button