Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Vence, na presentación das candidaturas do BNG en Celanova-Baixa Limia

No acto, celebrado en Celanova, dábanse a coñecer os cabezas de lista de Bende, Celanova, Cartelle, Ramirás, A Merca, A Bola, Verea, Gomesende, Entrimo, Muíños, Lobeira
Cabezas de lista do BNG-Asembleas Abertas nas comarcas de Celanova-Baixa Limia, con Xavier Vence.
Cabezas de lista do BNG-Asembleas Abertas nas comarcas de Celanova-Baixa Limia, con Xavier Vence.

“Desde o BNG-Asembleas Abertas apostamos polo traballo en común entre os concellos para favorecer o desenvolvemento económico desta parte da provincia de Ourense, que debe ter no sector da agricultura e na posta en valor do seu patrimonio as dúas principais pancas para a creación de riqueza e de emprego”. Así o aseguraba o portavoz nacional desta formación, Xavier Vence, durante a presentación en Celanova dos cabezas de lista nacionalistas ás vindeiras eleccións municipais para os concellos de Celanova, Cartelle, Ramirás, A Merca, A Bola, Verea, Gomesende, Entrimo, Muíños, Lobeira e Bande, pertencentes ás comarca de Celanova-Baixa Limia.

Deste xeito, o BNG terá como candidato á alcaldía de Bande a José Antonio González, a Carmen Álvarez Nogueiras na Bola, a Luís Vázquez Guntín en Cartelle, a Leopoldo Rodríguez Puga en Celanova, a Fernando Estévez Estévez en Entrimo, a Eloy Vázquez Pérez en Gomesende, a Antón Álvarez Álvarez en Lobeira, a Xurxo Nóvoa Rey na Merca, a Ramón León León en Muíños, a Marcos Meléndez Alonso en Ramirás e a José Antonio Pérez Valado en Verea.

Os diferentes candidatos explicaban no acto, que tiña lugar na tarde do 18 de abril, algunhas das propostas do BNG-Asembleas Abertas para poder dinamizar as zonas de de Celanova e Baixa Limia. Entre elas, figura a de poñer en marcha unha rede de transporte intercomarcal, con especial atención aos núcleos de poboación máis alonxados dos centros dos concellos, para evitar o seu progresivo abandono ante a falta dunha comunicación eficaz. En materia de transporte tamén propón mellorar as infraestruturas viarias, en particular a autovía de enlace con Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button