CulturaCultura

Vento madeira e piano xuntaranse no concerto “Aureum Ensemble” do 60 aniversario do Conservatorio de Ourense

Cartel do festival.

Mañá, mércores 22 de marzo ás 19:15 horas, o Auditorio do Conservatorio de Música de Ourense ofrecerá o concerto “Aureum Ensemble” no que haberá un quinteto de vento madeira con piano.

Esta cita está enmarcada dentro das celebracións do 60 aniversario do centro, no que hai programados unha serie de concertos coma este e conferencias. Entre os nomes dos integrantes deste quinteto está Carlos Núñez Dezá á frauta; o óboe é para Esteban Vaquero Baquero; ao clarinete estará Santiago Comesaña Álvarez; na trompa Jorge Fuentes Arce; ao fagot Johanna Suárez González e ao piano Cristina María Rodríguez Boado.

O quinteto nace froito da inquietude de varios profesores do Conservatorio Profesional de Música de Ourense por interpretar música escrita para quinteto de vento.

Todos os seus membros son recoñecidos intérpretes, que ademáis do labor docente que desempeñan, teñen participado ó longo da súas traxectoria profesional con diversas formacións, tanto camerísticas como sinfónicas.

Durante o 2017 veñen facendo no seu centro un seminario adicado á interpretación de repertorio para quinteto, onde se atopan obras de diferentes épocas e estilos. Ademáis, colaboran con outrosinstrumentistas para ampliar a propia formación.

Dentro do seu repertorio inclúen obras de compositores galegos da actualidade, e dentro dos seus proxectos está o labor pedagóxico enfocado á realización de concertos didácticos.

Artigos relacionados

Back to top button