A Casa Consistorial de Verín acollía, na mañá do 30 de decembro, a entrega dos galardóns do Concurso de escaparates de Nadal deste localidade. Nel participaban 40 establecementos comerciais. O tema a desenvolver foi o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.
No acto participaban o presidente da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa, e o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura.
Este certame, promovido pola Cámara de Comercio de Ourense coa colaboración do Concello, conta con tres premios de 150, 100 e 50 euros, e entregábanse os seus correspondentes diplomas, aos seguintes establecementos:
• Primeiro posto Ángela Moda (premio con 150 €)
• Segundo posto: Aquerea (premio con 100 €)
• Terceiro posto: Chiqui Moda Infantil (premio con 50 €)
• Carto posto: Panadería Álvaro
• Quinto posto: The Monkey Time
• Sexto posto: Casa del Mueble
Por outra banda, os cheques regalo serán entregados aos gañadores o próximo o día 3 de xaneiro na Gala Máxica de Aever no Pavillón dos Deportes, segundo se informa dende o Concello de Verín.
O xurado estivo composto por Ariadna Rodríguez, ilustradora verinesa, María do Pilar Salgado de Dios, profesora de pintura e manualidades do Concello de Verín e Cristina López López, deseñadora de interiores en UNOUNO arquitectura de Interiores. A valoración máxima por criterio foi de de 3 puntos, sendo o mellor escaparate o que máis se aproxime aos 9 puntos.