CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Verín reúne os contos e lendas do Val de Monterrei nun libro

A presentación deste volume, editado polo Concello e coordinado polo escritor Xosé Carlos Caneiro, tiña lugar na tarde do 15 de xuño

A programación de Biblioteca Municipal de Verín deste mes de xuño inclúe dúas presentacións de libros. A primeira tiña lugar na tarde do 15 de xuño no salón de actos da Casa da Cultura da vila. Tratábase da obra “Contos e lendas do Val de Monterrei”. Nela recompílanse contos de tradición oral de diversas temáticas (meigas, demos aparicións, mouros, tesouros, oficios, animais, cregos, etc…). Devandita obra foi ilustrada por autores de Verín e comarca, que prestaron de xeito desinteresado a súa creatividade para acompañar os textos.

O acto de presentación contaba coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, do tenente de alcalde, Diego Lourenzo, así como de Xosé Carlos Caneiro, que ten coordinado a obra. “Cabe destacar que Xosé Carlos Caneiro e o resto de participantes na recompilación dos contos e lendas, así coma todos os ilustradores e ilustradoras, cederon os dereitos para a edición desta obra por parte do Concello de Verín, reixentando calquera tipo de ingreso derivado da venda deste libro, que se poñerá á venda nun breve período de tempo”, segundo se adianta dende o Concello de Verín.

Por outra banda, o vindeiro venres 16 de xuño, ás 18:00h a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará una xornada de contacontos con música onde os asistentes escoitarán de primeira man o conto de Flor Fernández “A cadeliña Ramona”, acompañada da guitarra de José Manuel Salgado. Esta actividade enmárcase na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Fotos: Concello de Verín e Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button