Galerías de fotosSanidade

Verín sae á rúa en defensa dunha sanidade “100% pública, digna e de calidade”

A manifestación partía ás seis e media da tarde do 18 de marzo dende a praza do Concello

Numerosas persoas participaban na tarde do 18 de marzo na manifestación que percorría as principais rúas de Verín baixo o lema “Sanidade 100% pública, digna e de calidade”. Partía ao redor das seis e media da tarde dende a praza do Concello de Verín e estaba convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monterrei. Esta entidade xurde “da inquedanza dun bo número de persoas e entidades preocupadas pola situación na que se atopa a sanidade  na área sanitaria”.

Neste senso a plataforma menciona cuestións como a “redución de efectivos do servizo de medicina interna”, a “necesidade de dotación de pediatría hospitalaria”, a “redución de persoal nos centros de saúde” e “longas listas de espera cirúrxicas”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button