ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo celebra as súas festas patronais

No mediodía do 15 de agosto, festividade da Asunción, os veciños desta vila sacaban en procesión a imaxe da Virxe

Cunha alborada e pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Bertolini de Manzaneda comezaba a xornada do 15 de agosto en Viana do Bolo, unha vila que celebra as festas na honra da Asunción e do San Roque. A partires das 12:30h. os vianeses sacaban en procesión polas rúas a imaxe da Virxe e despois tiña lugar unha eucaristía na igrexa parroquial.

Ademais o baile estará asegurado na praza pola tarde coa orquestra Jerusalén que actuará en sesión de tarde e verbena. O derradeiro día de festas, o mércores 16 de agosto, estará adicado á figura do patrón, San Roque, e arrancará coa alborada da Agrupación Musical Xinzo de Limia que tamén acompañá á procesión (12:30h.) e dará un concerto na praza durante a sesión vermú, antes do xantar de festa que cada quen celebrará en casa, convidando a familiares e amigos. A orquestra Gran Parada será a encargada de amenizar o baile en sesión de tarde e verbena poñendo o broche ás festas 2017.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos:
https://osil.info/ambiente-festivo-na-praza-maior-de-viana-bolo/

Artigos relacionados

Back to top button