CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo vibra recreando os anos 80

Numerosas persoas acudían a esta festa oitenteira que se celebra con éxito dende hai tres anos no marco das festa patronais da vila

Comezaba como unha homenaxe dun grupo de mozos á mítica discoteca Silva da vila e, tres anos despois, tense convertido nunha cita de referencia dentro das festas patronais para os vianeses de todas as idades. Na tarde e noite do 13 de agosto Viana vibraba coa III Festa dos 80.

Comezaba a partires das 18:30h. na praza Maior da vila cun mercadiño de segunda mano con prendas e artigos propios desa época, xunto con postos doutros produtos como doces, marmelas, obxectos de artesanía, bombos, carautas de Boteiro…

A partires da tardiña e da noite comezaba a festa propiamente dita cunha notable asistencia de persoas que vestían prendas desa época, xunto con maquillaxe acorde e peiteados. Había incluso quen se disfrazaba de personaxes daquel momento como o cantante Demis Roussos ou recreaba o concurso televisivo “Un, dos, tres…” con azafatas, presentadora e Ruperta incluídas. Hai ademais agasallos para os disfraces máis enxebres e orixinais. Trátase de produtos do máis diverso (dende viño, pasando por doces ou cachucha) doados por diferentes establecementos da vila.

A festa ten como escenario a praza Maior, onde se baile (con coreografías incluídas, como a de Dirty Dancint) e canta ata a madrugada ao ritmo de temas dos anos 80. Trátase dunha festa interxeracional na que a vila retrocede varias décadas atrás no tempo dun xeito festivo e cun ambiente moi especial.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Cristina Fernández

Artigos relacionados

Back to top button