ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

A viaxe de Carolina

Relato de María Álvarez Delgado, ganadora do 1º premio no VIII Concurso Literario de Lingua Galega do Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños na categoría de 11 a 18 anos

As viaxes poden ser moi diferentes. Podes ir en avión, tren, autobús…; poden ser por motivos de traballo, vacacións, buscar unha vida mellor…

Esta historia é para buscar unha vida mellor.

Había unha vez unha nena de trece anos chamada Carolina, era alta, delgada, tiña o pelo longo e con tirabuzóns e os ollos de cor mel. Vivía nunha pequeña casa coa sua nai Sandra, o sue pai Carlos e o sue irmán pequeño Juan, de cinco anos. O seu país non era moi rico, e era pequeño e indefenso. Un día enteráronse de que ía empezar unha guerra dentro de moi pouco, e Sandra e Carlos decidiron que polo seu ben e o dos seus fillos deberían marchar de alí, e viaxar a outro país con mellor vida. Pola noite recolleron as cousas necesarias, comida, roupa, tendas de campaña e diñeiro, e a mañá seguinte empezaron a suá viaxe cara unha vida mellor. Como non tiñan coche nin medio de transporte tiveron que ir andando. Sandra e Carlos tiñan unha gran preocupación, que os seus fillos non conseguesen chegar sans e salvos ao novo país, pero Carolina e Juan non o sabían, nin sequera sabían porque estaban facendo esa viaxe, pero o que sí sabián, era que se os sues país tomaran esa decisión e non lla dixeran, sería para protexelos. Só comían a hora de xantar e cear, porque tiñan a comida xusta para esa viaxe, Sandra e Carlos repartían as raccións, mais se un dos seus fillos quedaba con fame eles dábanlles unha parte da sua ración. Procuraban andar a paso lixeiro para alexarse pronto da guerra e chegar canto antes. Polas noites montaban dúas tendas de campaña, na que nunha dormían os pais e noutra os fillos.

Carolina era moi boa, non soía replicarlle aos seus pais, pero esa viaxe era un misterio para ela e quería resolvelo, por iso, decidiu preguntarlles. Eles pensaron que tiña dereito a sabelo porque xa era maior e madura como para saber afrontar a situación. Cando terminaron de contarllo a Carolina dixo que ela faría todo o posible para axudar. Carolina sabía que ela podería conseguilo pero preocupáballe o seu irmán , él era moito máis pequeño ca ela. Sempre que o seu irmán estaba canso, ela axudábao e animábao, porque a pesar de que sempre se pelexaban, queríanse moito.

Tardaron un longo mes en chegar, pero cando chegaron, aledáronse moito. O que primeiro fixeron foi rexixtrarse nese país; despois os seus pais recorreron a cidade en busca dun lugar para aloxarse. Atoparon un pequeno piso con dous dormitorios, un cuarto de baño, unha cociña e un salón. Os seguintes días Sandra e Carlos buscaron un traballo, ao final atoparaon uns traballos decentes, Sandra de camareira e Carlos de repartidor de pizzas; mentres que Carolina coidaba de Juan. Despois de varios meses conseguiron aumentar o seu diñeiro e polo tanto mellorou a súa vida. En septembro Carlos e Sandra decidiron que Carolina e Juan deberián ir a escola e os meteron nunha escola pública.

Despois dunha dura e longa viaxe conseguiron o que querían, unha vida mellor.

Artigos relacionados

Back to top button