ConcellosÚltima hora

Vilamartín aposta por recuperar a feira mensual

A primeira celebrarase o vindeiro domingo 24 de xullo, segundo adianta o Concello
Cartaz da feira.
Cartaz da feira.

Anos atrás o centro da vila vilamartinesa acollía o día 24 de cada mes unha feira tradicional. Agora o Concello de Vilamartín traballa para recuperala e, nese senso, nestes días está facendo un chamamento para que “vendedores ambulantes da zona de
produtos variados: horta, téxtil, calzado, etc se unan ás tradicionais pulpeiras que cada 24 se achegan á vila”, explican dende esta administración local.

A recuperación deste mercado materializarase o vindeiro domingo. Ao chamamento do Concello “xa responderon algúns vendedores e vaise comezar a experiencia este domingo, 24 de xullo. Na Praza José Luis Núñez e centro da vila reuniranse ademais das pulpeiras á carón do Bar Santos, Marbella e Acuarela; outros postos dedicados a hortalizas, zapatería e roupa”, adiantan dende o Concello.

Calquera vendedor interesado na iniciativa pode poñerse en contacto co Concello para apuntarse.

Artigos relacionados

Back to top button