En portadaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Vilariño de Conso, o latexo do Entroido

O actor ourensán Rubén Riós lía o pregón o Domingo Gordo en Vilariño de Conso

Vestido de vella e rodeado de Boteiros, Rubén Riós abría o Domingo Gordo en Vilariño de Conso cun pregón no que confesaba que a primeira vez que acudía este Entroido. Tamén rendía unha homenaxe ao rural, a esta festa e ás mulleres. Coa súa intervención arrancaba un longo e intenso desfile que se abría co folión e Boteiros de Vilariño de Conso.

A partir de aí ían intercalándose folións do municipio con outros convidados como é o caso da Caniceira (Trives). Logo viñan os folións do Val, Carracedo da Serra (A Gudiña), Conso-San Cristovo, A Lardeira (Trives), Chaguazoso, As Maceiras (Trives), Mormentelos e o de Queixa (Chandrexa de Queixa). Tras o desfile tiña lugar no pavillón un multitudinario V Xantar “Xuntos polo Fulión”-XXVII Festa do Cabrito.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button