CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Villanueva e Tarci Ávila xuntos, este venres na Sala Baranda do Barco

O músico barquense será o convidado da banda na presentación do novo traballo “Zoo para dos”
O músico vigués, Villanueva.

Este vernes 26 de maio, Villanueva subirase ao escenario da Sala Baranda do Barco de Valdeorras para presentar o seu novo traballo discográfico. E farao cun concerto no que contará coa banda ao completo e un convidado moi especial: o músico barquense, Tarci Ávila (Presumido).

O último disco de Villanueva, “Zoo para Dos” (Luna Vista-Sony Music, 2017) xira entre o ecléctico e o hedonista, con melodías “tan camaleónicas que se moven entre correntes pop que non saben a pop, entre guitarras que rabuñan o indie sen pretendelo e entre letras que chegan a mancar”, asegura Bea Camiña dende Produtriz, explicando que desa “perigosa carga e descarga de emocións, rupturas e cambios” xurdiu un segundo traballo “asombroso e diferente, unha catarse persoal e profesional”.

“Ella” foi o primeiro sinxelo de lanzamento desta obra composta por 10 cancións coas que o artista vigués está xirando por toda España. A actuación no Barco será a partires das 23:30 horas. As entradas custan 6 euros, venda anticidapa (wegowtickets.com) e 8 euros na billeteira.

 

O músico barquense, Tarci Ávila.

Artigos relacionados

Back to top button