ConcellosÚltima hora

Viño de Amandi e pescada do pincho de Celeiro

Xornada de maridaxe destes dous produtos no marco dos actos do “Mes do Amandi” en Rosende (Sober)
Degustación dos pratos elaborados con viño de Amandi e pescada de Celeiro.
Degustación dos pratos elaborados con viño de Amandi e pescada de Celeiro.

Cunha visita ás instalacións da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende (Sober) iniciábase no mediodía do 25 de marzo a “Xornada de Maridaxe de Viño de Amandi con Pescada do Pincho de Celeiro”. De seguido, facíase unha presentación no centro do produto Pescada do Pincho de Celeiro, a cargo de varios membros da confraría de Pescadores de Celeiro.

E xa ás 13:30h. horas profesores e alumnos tomaban parte na elaboración dunha serie de pratos que tiñan como ingredientes principais a devandita pescada e o viño de Amandi. Despois realizábase unha degustación dos pratos elaborados e maridados con viño desta zona da D.O. Ribeira Sacra.

O menú desta degustación incluía “Taco de pescada de Celeiro en salsa verde”, “Pastel de pescada de Celeiro con maionesa de piparras e aire de encurtidos”, “Pescada de Celeiro ao pil-pil de lima e cinsa de lura”,”Pescada de Celeiro con emulsión de allada galega e caviar de pementos”,”Pescada de Celeiro con chícharos e xamón” e “Salpicón de pescada de Celeiro, manga e xermolos tenros”.

Un dos pratos elaborados na escola de hostalaría soberina.
Un dos pratos elaborados na escola de hostalaría soberina.

Esta actividade formaba parte dos “Actos do Mes de Amandi” e foi promovida polo Concello de Sober en colaboración coa Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández, Puerto de Celeiro S.A. e a Confraría de Pescadores de Celeiro.

Esta maridaxe forma parte dos actos do "Mes de Amandi" en Sober.
Esta maridaxe forma parte dos actos do “Mes de Amandi” en Sober.

Artigos relacionados

Back to top button