Viño novo e castañas asadas na Festa de San Martiño, en Quiroga

O magosto reuníu a numerosas persoas na praza Maior da localidade lucense

As castañas recén asadas, o viño novo e a música do dúo Camelia foron os protagonistas da tarde do 11 de novembro en Quiroga, o día no que celebraron a festividade do seu patrón, San Martiño.

O programna festivo comezaba xa de mañá cos cultos relixiosos e actividades deportivas e lúdicas para toda a familia, pero o acto central da xornada tiña lugar a partires das sete da tarde na praza Maior de Quiroga. Alí se xuntaban numerosas persoas para asistir ao tradicional magosto popular con festa ata altas horas da noite.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies