En portadaÚltima horaViticultura

Viño do Ribeiro para conmemorar os 400 anos da morte de Cervantes

O Consello Regulador desta denominación promove, en colaboración coa USC, as “Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura”
Cristina Alcalá, xerente do CRDO Ribeiro, e o historiador Xavier Castro, na presentación das xornadas.
Cristina Alcalá, xerente do CRDO Ribeiro, e o historiador Xavier Castro, na presentación das xornadas.

O viño do Ribeiro aparece mencionado e ponderado nos textos de Miguel de Cervantes. Partindo de aí e tendo en conta que este ano se celebraban os 400 anos do facelemento deste autor internacionalmente coñecido, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (en colaboración co Vicerritorado de Cultura da USC e a Fundación Dieta Atlántica, entre outras institucións) promoverá as “Xornadas de Outono: Cultura do Viño e Literatura” entre os meses de outubro e decembro e con actos en diferentes cidades galegas e tamén españolas.

O programa presentábase o 11 de outubro e incluirá ciclos de conferencias multimedia que versarán sobre temáticas como “O Ribeiro, lingua e literatura”, “O viño do Ribeiro na época contemporánea” ou “O Ribeiro: un vello complexo agrario”. Ademais durante as conferencias farase a presentación do viño especial do Ribeiro en homenaxe a Cervantes.

Tamén se organizarán mesas redondas en Vigo, Santiago de Compostela e Ourense, nas que participarán diversos expertos e que serán moderadas por Cristina Alcalá, xerente do CRDO Ribeiro, e polo historiados Xavier Castro. A primeira destas mesas terá lugar o 25 de outubro ás 20h. na Librería Mishima e nela contarase coa presenza de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega; e dos historiadores Luis Domínguez e Xavier Castro.

Artigos relacionados

Back to top button