EconomíaEconomíaÚltima hora

Visita da conselleira do Medio Rural a unha explotación gandeira de Montederramo

No seu decurso referíase á orde de axudas que vén de ser publicada no DOG, destinadas a gandeiros afectados pola seca
Visita da conselleira do Medio Rural a Montederramo.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitaba na mañá do 3 de novembro unha explotación en extensivo de gando vacún localizada no concello ourensán de Montederramo. Previamente reuníase con diversos gandeiros da zona para explicarlles que debido á situación de seca prolongada que está a sufrir a comunidade dende finais do ano 2016, decidiuse deseñar unha serie de medidas excepcionais para minimizar os efectos desta situación no sector agrogandeiro. Entre elas están estas axudas, precisou, que pretenden garantir o subministro de auga ás explotacións profesionais en réxime extensivo e intensivo de aproveitamento de pastos e cultivos agrarios.

Esta liña de achegas, que saíu onte publicada no Diario Oficial de Galicia, poderán solicitalas as explotacións localizadas nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro que foron declaradas en alerta ou prealerta por seca no presente ano. Porén, quedan excluídos os titulares de explotacións de autoconsumo ou sen actividade comercial. A elas destínase preto dun millón de euros.

Artigos relacionados

Back to top button