Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Visita de Roberto Castro ao operativo de extinción do incendio de Río Caldo

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, o tenente coronel xefe do V Batallón da Unidade de Emerxencias (UME), Álvaro Díaz Fernández e a alcaldesa de Lobios, María Carmen Yáñez, visitaban aos membros do operativo de extinción do incendio que dende o domingo permanece activo na parroquia de Río Caldo e que afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Neste dispositivo participan membros do servizo de emerxencia do municipio de Lobios, da Xunta de Galicia e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias. A UME ten despregados 117 efectivos, 26 vehículos e un helicóptero.

Artigos relacionados

Back to top button