DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Visita institucional aos ciclistas do mundial

O delegado da Xunta Rogelio Martínez, desexou éxitos aos corredores da selección española

Na tarde-noite do xoves 25 de setembro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe de área de Turismo, Antonio Aguarón, e polo xefe de servizo de Deportes, Mario Guede. achegábase ata O Barco de Valdeorras para visitar aos membros da selección nacional de ciclismo, concentrados no hotel Pazo do Castro, con motivo da celebración do mundial na localidade leonesa de Ponferrada.

Rogelio Martínez deulles a benvida aos corredores e ao selccionador nacional Javier Mínguez, e desexoulles “éxitos neste evento deportivo”. Ademais, o delegado territorial agradeceulles aos responsables da Federación Española de Ciclismo a elección dun establecemento de turismo rural de Galicia como lugar de concentración porque “sen dúbida, a estadía da selección é unha oportunidade para a promoción do turismo rural galego e para proxectar ao exterior as singularidades desta terra” dixo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button