CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

As voces de sete coros infantís e xuvenís envolven a igrexa de Trives

Gran éxito do III Festival de Primavera Coraliña Cantora celebrado na tarde do 27 de maio

As voces brancas de sete corais de toda Galicia e incluso Madrid, foron as protagonistas do III Festival de Primavera Coraliña Cantora (X Certame de Coros Infantís e Xuvenís F.E.C.O.G.A.) celebrado na tarde do 27 de maio na Igrexa do Santísimo Cristo da Misericordia da Pobra de Trives.

Alí reuníanse uns 150 cativos que fixeron as ledicias do numeroso público. A primeira en actuar foi a Coraliña Infantil de Trives un novo coro de nenos de 3 a 5 anos que se estreaban en público, interpretando catro temas: Io sonno un bambino, Los cacharros, Cannon de las frutas e Canción tradicional de Hawai Epo. Despois tocoulle o turno ao Coro Xuvenil San Lorenzo de Belesar (Baiona) con outras catro cancións: Hallelujah, Laudate Dominum, Eu de Marín ausenteime e The lion sleeps tonight “El Rey León”.

A Capela Madrigalista (Ourense), pola súa banda, cantou Dona nobis pacem, Airia, When I close my eyes e Mare Nostrum; e de seguido subía ao escenario o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio (A Coruña), interpretando Ave María, Maruxina o teu refuxio, Unha noite no muíño e California dreamin. O seguinte en actuar era o Coro Cantemos (Ponteareas) interpretando maxistralmente Mariposas del aire, Mantusha Lupamusha, Occhi grandi e Makumaná.

Os madrileños do Coro Ilusiones (Griñón) puxeron voz a La banda del silbato, Capitán Mambrú, Cazando mariposas e You can sing, you can dance; e a Coraliña Cantora de Trives, anfitriona do evento musical dirixida por Sandra González, emocionou ao público coa súa interpretación de Hallelujah, Kusimama, Siempre e Coraliña Cantora.

O broche a este espectacular certame poñíano todas corais xuntas interpretando dous temas: Siyahamba e Dudabda.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button