EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Voos de drons sobre os viñedos da Ribeira Sacra e Valdeorras

Un dron sobrevoaba na mañá do 22 de outubro os viñedos de Abadía da Cova, na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, co fin de obter datos con imaxes multiespectrais que despois permitan realizar unha análise e unha comparativa con datos obtidos sobre o terreo. Trátase dunha iniciativa que está a desenvolver o Instituto Tecnolóxico de Galicia, con sede na Coruña.

Esa mesma tarde, os investigadores desprazábanse ata Valdeorras e, máis en concreto, ata GRS-Viña de Fornos, na Rúa, coa inteción de realizar un novo voo, sen embargo, e malia os intentos, as condicións de ubicación destes viñedos non permitiron tomar datos aéreos. Tanto na Ribeira Sacra como en Valdeorras as probas realizábanse coa empresa AeroConsult, de Madrid.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button