OurenseÚltima hora

Xantar e Termatalia, dentro das cinco feiras internacionais que se celebrarán en España en 2017

A Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía incluíunas dentro do calendario de feiras no BOE do 27 de decembro

A Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade vén de publicar no Boletín Oficial do Estado o calendario de “Ferias comerciales Internacionales 2017”. Dentro do mesmo están contempladas as feiras de “Xantar” e “Termatalia”, ambas en Expourense.

En total identifícanse 90 salóns que se consideran “internacionais” no conxunto do Estado, dos cales cinco son de ámbito turístico. Xunto a outras feiras de recoñecido prestixio como é o caso de FITUR en Madrid; B-TRAVEL, celebrada en Barcelona, ou INTUR en Valladolid sitúan a Xantar, como a única feira de España internacional especializada en Turismo Gastronómico, e Termatalia, especializada en Turismo de Saúde e Benestar.

No caso de Termatalia, este selo de internacionalidade venlle dende o ano 2005, cos que cumpren doce anos de interese mundial da feira. Despois da experiencia Termatalia México 2016 “Naturalmente Saludable”, celebrada no Estado de Coahulia, o certame regresa este ano á súa sede habitual en Galicia, é dicir, á capital e provincia termal Ourense. Pola súa banda, Xantar ten a categoría de internacionalidade dende hai tres edición, e este selo vén recollendo unha traxectoria, na que dende 2007 incluíuse por primeira vez a figura do país convidado, que fomenta as relacións comerciais existentes entre o intercambio de turistas, entre outros.

Hai que salientar, din dende Expourense, que a nivel autonómico, Galicia acolle catro feiras internacionais, dous delas en Ourense, dado que pon de relevo a competitividade da Fundación Expourense, promotora destes proxectos.

Artigos relacionados

Back to top button