CulturaCulturaÚltima hora

Xavi Carbonell expón no Centro Cultural Marcos Valcárcel

A mostra “…Quen es ti?” estará aberta no centro ourensán ata o 26 de outubro
Xavi Carbonell, Rosendo Fernández e Francisco González, na presentación da exposición.
Xavi Carbonell, Rosendo Fernández e Francisco González, na presentación da exposición.

Dende hoxe 2 de setembro (a partires das 20:15h.) ata o 26 de outubro, o Centro Cultural Marcos Valcarce da Deputación de Ourense, acolle a exposición “…Quen es ti?”, do pintor Xavi Carbonell.

Trátase dunha mostra recentemente chegada de Nova York, que reflicte, en palabras do artista “a alma dos nenos, a súa inocencia e ese estilo que só os máis pequenos teñen para achegarse á creatividade”. Carbonell defínese como un apaixonado dos garabatos e dos comezos creativos dos nenos, un arte do que extrae a súa esencia e o seu significado para poder plasmalo en obras de gran e medio formato, e tamén en papel. “Gústame” di Xavi “ser capaz de albiscar un universo nunha simple liña, é dicir, poder expresar o máximo no mínimo”.

O pintor, que por primeira vez exhibe a súa obra en Galicia, presentaba a exposición acompañado polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e do director do Centro Cultural, Francisco González, asegruando que “o obxectivo da mostra é que o espectador poida entrar dentro de cada cadro para reencontrase coa súa infancia e con ese mundo máxico do debuxo infantil”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button