EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

“Xiana 2016” de Adegas Chao do Couso, Medalla de Ouro en Vinis Terrae 2017

O tinto da D.O. Ribeira Sacra foi seleccionado na V Cata Extraordinaria da feira celebrada en Ourense

Na tarde do 4 de abril, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, Vinis Terrae, pechaba as portas da sétima edición despois de dous días de intensa actividade para as 60 adegas expositoras, coa visita de máis de 600 profesionis do sector. E facíao coa entrega dos premios da V Cata Extraordinaria Vinis Terrae realizada por Radio Turismo e a Aula Internacional de Catadores (AULINCAT) entre os viños presentes na feira.

Entre as 110 marcas presentadas, o “Xiana 2016” de Adegas Chao do Couso da Pobra de Trives (D.O. Ribeira Sacra) lograba a Medalla de Ouro na categoría de Viños Tintos. A Medalla de Prata foi para “Sameirás 2015” de Adegas Sameirás (D.O. Ribeiro) e a Medalla de Bronce para “Viña Ribada 2016” de Adegas Ribada (D.O. Ribeira Sacra).

 

Xiana Domínguez, co galardón.
Na categoría de Viños Brancos, a Medalla de Ouro foi para “Pazo Tizón Extramundi 2015” de Adegas Pazo Tizón (D.O. Ribeiro); a Medalla de Prata para “Ángel Sequeiros Foudre 2011” da Adega Ángel Sequeiros (D.O. Rías Baixas); e a Medalla de Bronce para “Serra da Estrela 2016” de Adegas Valmiñor-Ébano (D.O. Rías Baixas).

A directora da cata, Sofía Madrigal, destacou “a enorme calidade dos viños presentados e a dificultade do xurado, integrado por enólogos e catadores madrileños, para chegar a un veredicto”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button